jueves, 30 de abril de 2015

Xa queda ben pouco...

Apenas podemos recoñecer os síntomas que os nosos corpos están a experimentar: perda de concentración, temblores, a sensación de que o tempo non pasa, a vista perdida nalgún lugar da sabana, soños con maletas, emoción, emoción, emoción!!!

Siiiiiiiiii!!! achégase o día no que un grupo de intrépidos aventureiros partiremos rumbo a Madrid coa finalidade de conquistar a capital, de lalinizalos e convencelos de que o noso Cocido é o mellor. Pero para iso primeiro temos que coñecelos e descubrir os seus costumes, así que ¿que mellor que pasar uns días vivindo as máis incribles experiencias nunha viaxe da que ningún de nós, grandes e pequenos, voltaremos sendo os mesmos?

O mércores as 07:00 h. comeza o noso periplo que nos levará a desfrutar, a aprender, a coñecernos máis, a medrar, a convivir, a sentir,... Unha viaxe única que lembraremos sempre e nos abrirá as portas dun novo mundo no que a maxia e a ilusión se mesturen de tal xeito que costará distinguir que soños teñen lugar durmindo ou cales espertos.

E para que tan marabillosas experiencias non supoñan motivo de estrés profundo para as familias (ou máis ben para que os cativos vos den moita envexa do que andan a facer) nace está páxina na que iremos narrando as nosas peripecias, informando do ben que o estarán a pasar todos e amosándovos que esa pequena xente coa que convivides merece toda a vosa confianza porque se van portar xenial.

Non queda nada, unha fin de semana longa e intensa que pasará voando e o luns xa non haberá quen atenda a Coñecemento do Medio nin a Matemáticas nin a outra cousa porque a vista estará posta nunha lección maxistral que non vén nos libros: a vida mesma.

Feliz descanso e ánimo!!!

No hay comentarios: