jueves, 30 de abril de 2015

Que non debe faltar na maleta!

Aínda que xa se vos deron as pertinentes recomendacións... ¿que é o que non debe faltar na vosa maleta? Aquí deixamos unha pequena lista:

    • Roupa cómoda: ímonos mover moito dun lugar a outro, non haberá nin un momento para o relax así que é mellor que a roupa non sexa un impedimento. Para as viaxes de ida e volta xa sabedes que non hai nada mellor ca un chandal! Por suposto, se alguén quere ir máis elegante ao musical pode levar uns vaqueros e unha camisa, que se vos vexa ben guapos por alá!
    • Mudas de reposto: a roupa interior convén levala en abundancia, mínimo 4 mudas que imos andar moito e os peciños han crear dióxido de carbono dabondo!
    • Unha bolsa para a roupa sucia: non é que se leven mal unhas prendas con outras pero case é mellor levar por separado a roupa limpa da sucia e así evitamos conflictos!
    • Aínda que no hotel nos darán os amenities non esquezades a pasta dos dentes un cepillo para fregar neles, desodorante (para botar un chisco, non para acabar coas plagas de Madrid) e esas cousiñas que xa vós ben sabedes entre as que non pode faltar o protector solar (para o mércores dan 24º)
    • Moitas ganas de desfrutar!!!

No hay comentarios: