miércoles, 6 de mayo de 2015

Visións no camiño


Atravesando Castela, que é tan ancha como reza o dito, mentres uns botan un conto e outros ven a película, acabamos de ver nun cable pendurado un abellaruco á espera dunha presa!
Estas paletas de cores aéreas veñen pasar a primavera e parte do verán na península escapando da calor do continente africano mais en Galicia é difícil de atopar e só asentan algunhas colonias na provincia de Ourense.
O da foto estaba en Extremadura!

No hay comentarios: