Ola amigas e amigos! Este era o blog que utilizamos para a excursión do 2015 pero como o novo aínda non está indexado en google ao buscar simbagolmar.com é posible que vos mande aquí. Para ver a páxina da excursión deste ano...
Visitando a Simba, a viaxe que vos cambiará
lunes, 1 de mayo de 2017
sábado, 9 de mayo de 2015
O río
Coma un río cando nace, así espertan os nosos pequenos, cun ruxe, ruxe de jiji e jaja, coa seguridade de coñecer o camiño, saber que falta pouco, saber que vós mamás e papás estades ahí, esperando para escoitar as súas aventuras con cariño. Que bonito este final de camiño.
Como a noite estrelada
Como a noite estrelada vemos Ourense. Aquí deixamos a unha das estrellas guía , compañeira , ata o luns. Durme ben e descansa. Constelacións de bicos. ....familias estamos a un paso.
Visións espaciais
Se estivera o Principiño desfrutando dunha das múltiples e miúdas noites que se dan no seu asteroide B-612, seguramente vira pasar dúas estrelas fugaces perguíndose. Desde alá será como se vexan os autobuses no camiño de regreso e é o único sinal de vida que se pode percibir porque van todos durmindo como se probaran da mazá de Brancaneves.
Xa queda menos!!! Fai un anaco un cartel dicíanos que Ourense queda a 149 km. Aínda non estamos na nosa terra pero avanzamos con firme rodar!
Xa queda menos!!! Fai un anaco un cartel dicíanos que Ourense queda a 149 km. Aínda non estamos na nosa terra pero avanzamos con firme rodar!
Seguimos a ruta
Boas noites de novo neste momento retomamos a viaxe. Agora cun leitiño no corpo por fin chegou a calma. Xa falta menos para vernos. Máis bicos.
Seguimos ben
Boas noites familias acabamos de facer parada para estirar as pernas, tomar un leitiño e facer augas( coma os madrileños). Cando arranquemos avisamos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)